lunes, 24 de enero de 2011

QUE É UNHA PDi E QUE TIPOS TEMOS NO CENTRO?

Para comezar ben deberemos comezar polo principio. Que é unha PDi? Que tipos hai? Cales temos no noso centro? Para que valen? Son compatibles?



Na Wikipedia podemos achegarnos a unha definición sinxela e asequible do que é un PDi e cales son os tipos máis habituais que imos a encontrar. Isto que antes era moi difícil de explicar, agora é bastante sinxelo xa que pouco difiren dos nosos actuais telefonos móbiles (Smartphones, grazas Steve Jobs!).
Por distintos motivos e razóns, temos a sorte (ou a desgracia) de contar cos 3 modelos máis coñecidos de PDi no no centro: a SMART (resistiva), a PROMETHEAN (electromagnética) e a EBEAM (Ultrasons–Infravermella).
Haberá que probalas todas, a ver cal vos gusta máis.
Como aperitivo deixovos un par de videos para que vexades como funcionan.





Saúdos.

viernes, 21 de enero de 2011

BENVIDOS!

Ola a tod@s!  Se vos decidistes a mergullarvos nas novas tecnoloxías ou non tedes máis remedio que facelo, estades nun lugar propicio. Dende este punto de encontro marcaremos pautas para achegarnos a este mundo cheo de novidades, repasaremos o ensinado e valoraremos as nosas actuacións.

Todoo material co que traballemos estará dunha maneira ou outra, colgado nesta Blog, para non perder o paso nesta tarefa que imos a comezar.
Gracias a todos de antemán, polo esforzo e a axuda. Saúdos.