Mostrando entradas con la etiqueta Pizarra Dixital. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pizarra Dixital. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de febrero de 2011

MOITAS IDEAS PARA TAN POUCO TEMPO...

Nesta presentación suxestiónanse diversas actividades e modelos didácticos, a levar a cabo coa PDI na aula. Poden parecer moitas, pero de seguro que a nós se nos ocorren algunha máis...

MANUAL DA PIZARRA SMARTBOARD (Válido para o resto tamén)

Achégovos en formato PDF (polo tanto imprimible) un manual resumidiño do que estivemos a ver a semana pasada con respecto ás ferramentas que podemos manexar coa PDI. Pertence ao software de SMARTBOARD, pero practicamente serve de explicación para calquera das outras marcas e formatos de pizarras.

COMO FUNCIONA E QUE PODEMOS FACER CUNHA PDI?

Seguro que temos a falsa idea de que a PDI require moitísimo esforzo e unha grande dificultade no seu manexo. Incluso que ten determinados inconvenientes para aplicala na aula a diario.
Para ir empezando, déixovos unha presentación onde podemos observar como se conecta, que utilidades ten e que posibilidades nos abre a pizarra dixital. É un puco longo, pero ameno.

lunes, 24 de enero de 2011

QUE É UNHA PDi E QUE TIPOS TEMOS NO CENTRO?

Para comezar ben deberemos comezar polo principio. Que é unha PDi? Que tipos hai? Cales temos no noso centro? Para que valen? Son compatibles?



Na Wikipedia podemos achegarnos a unha definición sinxela e asequible do que é un PDi e cales son os tipos máis habituais que imos a encontrar. Isto que antes era moi difícil de explicar, agora é bastante sinxelo xa que pouco difiren dos nosos actuais telefonos móbiles (Smartphones, grazas Steve Jobs!).
Por distintos motivos e razóns, temos a sorte (ou a desgracia) de contar cos 3 modelos máis coñecidos de PDi no no centro: a SMART (resistiva), a PROMETHEAN (electromagnética) e a EBEAM (Ultrasons–Infravermella).
Haberá que probalas todas, a ver cal vos gusta máis.
Como aperitivo deixovos un par de videos para que vexades como funcionan.





Saúdos.