Un espazo de reflexión sobre as novas tecnoloxías no noso centro de Ensino.
lunes, 28 de febrero de 2011
MOITAS IDEAS PARA TAN POUCO TEMPO...
Nesta presentación suxestiónanse diversas actividades e modelos didácticos, a levar a cabo coa PDI na aula. Poden parecer moitas, pero de seguro que a nós se nos ocorren algunha máis...
Etiquetas:
Actividades,
Pizarra Dixital
MANUAL DA PIZARRA SMARTBOARD (Válido para o resto tamén)
Achégovos en formato PDF (polo tanto imprimible) un manual resumidiño do que estivemos a ver a semana pasada con respecto ás ferramentas que podemos manexar coa PDI. Pertence ao software de SMARTBOARD, pero practicamente serve de explicación para calquera das outras marcas e formatos de pizarras.
Smar Tboard Guia De Uso
View more documents from TIC System
Etiquetas:
Manuais,
Pizarra Dixital,
SmartBoard
COMO FUNCIONA E QUE PODEMOS FACER CUNHA PDI?
Seguro que temos a falsa idea de que a PDI require moitísimo esforzo e unha grande dificultade no seu manexo. Incluso que ten determinados inconvenientes para aplicala na aula a diario.
Para ir empezando, déixovos unha presentación onde podemos observar como se conecta, que utilidades ten e que posibilidades nos abre a pizarra dixital. É un puco longo, pero ameno.
Para ir empezando, déixovos unha presentación onde podemos observar como se conecta, que utilidades ten e que posibilidades nos abre a pizarra dixital. É un puco longo, pero ameno.
Pizarra Digital Interactiva - Hello World!
View more presentations from Raúl Reinoso
lunes, 24 de enero de 2011
QUE É UNHA PDi E QUE TIPOS TEMOS NO CENTRO?
Para comezar ben deberemos comezar polo principio. Que é unha PDi? Que tipos hai? Cales temos no noso centro? Para que valen? Son compatibles?
Na Wikipedia podemos achegarnos a unha definición sinxela e asequible do que é un PDi e cales son os tipos máis habituais que imos a encontrar. Isto que antes era moi difícil de explicar, agora é bastante sinxelo xa que pouco difiren dos nosos actuais telefonos móbiles (Smartphones, grazas Steve Jobs!).
Por distintos motivos e razóns, temos a sorte (ou a desgracia) de contar cos 3 modelos máis coñecidos de PDi no no centro: a SMART (resistiva), a PROMETHEAN (electromagnética) e a EBEAM (Ultrasons–Infravermella).
Haberá que probalas todas, a ver cal vos gusta máis.
Como aperitivo deixovos un par de videos para que vexades como funcionan.
La Pizarra Digital Interactiva
View more presentations from cpralmunia
Na Wikipedia podemos achegarnos a unha definición sinxela e asequible do que é un PDi e cales son os tipos máis habituais que imos a encontrar. Isto que antes era moi difícil de explicar, agora é bastante sinxelo xa que pouco difiren dos nosos actuais telefonos móbiles (Smartphones, grazas Steve Jobs!).
Por distintos motivos e razóns, temos a sorte (ou a desgracia) de contar cos 3 modelos máis coñecidos de PDi no no centro: a SMART (resistiva), a PROMETHEAN (electromagnética) e a EBEAM (Ultrasons–Infravermella).
Haberá que probalas todas, a ver cal vos gusta máis.
Como aperitivo deixovos un par de videos para que vexades como funcionan.
Saúdos.
viernes, 21 de enero de 2011
BENVIDOS!
Ola a tod@s! Se vos decidistes a mergullarvos nas novas tecnoloxías ou non tedes máis remedio que facelo, estades nun lugar propicio. Dende este punto de encontro marcaremos pautas para achegarnos a este mundo cheo de novidades, repasaremos o ensinado e valoraremos as nosas actuacións.
Todoo material co que traballemos estará dunha maneira ou outra, colgado nesta Blog, para non perder o paso nesta tarefa que imos a comezar.
Gracias a todos de antemán, polo esforzo e a axuda. Saúdos.
Todoo material co que traballemos estará dunha maneira ou outra, colgado nesta Blog, para non perder o paso nesta tarefa que imos a comezar.
Gracias a todos de antemán, polo esforzo e a axuda. Saúdos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
